venres, 11 de marzo de 2016

Jacques e o Festival Atlántica fúganse

Hoxe aparecemos no Fugas de La Voz de Galicia xunto @s amig@s do Festival Atlántica. Ainda quedan dúas funcións de "Os amores de Jacques o fatalista", hoxe ás 20.30 horas e o domingo ás 19.00 horas. Ademáis, mañá comeza unha nova edición do Festival Atlántica. Podes ver a sua fantástica programación na sua web, www.festivalatlantica.com 


luns, 7 de marzo de 2016

Jacques chega a Compostela

3 funcións no Teatro Principal de Compostela
 o xoves 10 e venres 11 ás 20.30 horas e o domingo 13 ás 19.00 horas. 

As entradas teñen un prezo de 10€ 
(5€ para estudantes, xubilados, menores de 25 anos, maiores de 65, desempregados, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais)
 e poden mercar se na billeteira do Teatro Principal (de 18.00h a 21.00h)




sábado, 5 de marzo de 2016

Jacques chega a Noia

Hoxe, ás 20:30 horas, no Teatro Coliseo de Noia, 
comezamos a xira de presentación de "Os Amores de Jacques o fatalista"


Queremos dar infinitas grazas ó Concello de Noia pola sua colaboración e apoio 
e cedernos durante toda a semana o Teatro para poder facer uns ensaios 
cos que empezar a xira da mellor das maneiras. Grazas!

venres, 4 de marzo de 2016

María Costas en ZigZag

presentando a xira de "Os Amores de Jacques o Fatalista"


Comezamos mañá en Noia (ás 20:30h no Teatro Coliseo)

luns, 1 de febreiro de 2016

Descanso na Pousada

Jacques, o seu Amo, a pousadeira, Agatha, Wolfie e todas as personaxes que compoñen "Os amores de Jacques o fatalista" descansarán do frío e invernal febreiro na pousada preparando a xira que comezará o vindeiro 5 de marzo en Noia e que continuará por Santiago de Compostela, A Estrada, A Rua, O Barcode Valdeooras, Oleiros, Vilagarcía de Arousa, Ortigueira, Cangas e Ourense.

sábado, 30 de xaneiro de 2016

Jacques visita hoxe Muros

Tralo éxito da estrea de onte, hoxe comezamos a xira de "Os amores de Jacques o fatalista" no Centro Cultural e Xuvenil de Muros (ás 21.30h). 

Grazas a tod@s amig@s que estiveron onte no Pazo da Cultura de Carballo e que fixeron que fose unha noite inesquecible. E moitas grazas o equipazo do Concello de Carballo e do FIOT que durante toda a semana nos fixeron sentir como en casa. E evidentemente, grazas polo agasallo.


venres, 29 de xaneiro de 2016

Todo preparado para a estrea

Hoxé, ás 21 horas no Pazo da Cultura de Carballo


Entrevista en ZigZag

Os compañeiros e amigos de ZigZag, o programa cultural da TVG
entrevistaron esta mañana a Quico Cadaval
co motivo da estrea de hoxe de "Os amores de Jacques o fatalista"



sábado, 23 de xaneiro de 2016

Nos mudamos

Pechamos o local de ensaios...


A partir do luns estaremos no Pazo da Cultura de Carballo 
onde estrearemos o vindeiro venres 29 ás 21:00 horas.

luns, 18 de xaneiro de 2016

Resolución do acertixo

Pois sí, case 100% de acertos...
a folla do concurso era de María Costas.






Nos vindeiros días faremos o sorteo
e diremos ou gañador ou gañadora.

mércores, 13 de xaneiro de 2016

luns, 11 de xaneiro de 2016

O cartaz

Xa temos cartaz de Os amores de Jacques o fatalista.


Deseñado polo mestre Kukas.

domingo, 10 de xaneiro de 2016

Amante da orde e a limpeza

¿A quén pertenece esta folla do libreto?


Entre tod@s @s amig@s que sepan a resposta correcta,
sorteamos unha entrada dobre para a función de Os amores de Jacques o fatalista,
na cidade que o gañador ou gañadora desexa.

martes, 5 de xaneiro de 2016

Tarde de Reis...

Preparando o cartaz do espectáculo.


Moi cedo colgado nos mellores bares e tendas da túa cidade.

luns, 4 de xaneiro de 2016

Jacques retorna ós ensaios

Tras as vacacións, continuamos cos ensaios de 
Os Amores de Jacques o fatalista.


25 días quedan para a grande estrea en Carballo.

venres, 11 de decembro de 2015

Non é moi difícil de imaxinar

Mateo, o sobriño do director, fixo un avión de papel  
co manuscrito d'Os amores de Jacques o fatalista. 
Para que logo digan que o teatro non serve para nada.


xoves, 10 de decembro de 2015

A historia da pousadeira

Os señores falaron de como persuadiron a Justine para receber a Jacques, mais dunha vez, no alto do alpendre, e de como o cabaleiro de Sant Ouin conseguíu converter os obsequios do amo en favores mercenarios de Ágata...


mércores, 9 de decembro de 2015

venres, 4 de decembro de 2015

Primeiras datas confirmadas

Xa temos confirmadas as primeiras funcións da xira 2016:

29 de xaneiro en Carballo
30 de xaneiro en Muros
5 de marzo en Noia
10, 11 e 12 de marzo en Santiago de Compostela
18 de marzo en A Estrada
27 de marzo en A Rúa
8 de abril en O Barco
9 de abril en Oleiros
30 de abril en Vilagarcía
7 de maio en Ortigueira
14 de maio en Cangas
9 de xuño en Ourense
20 de outubro en Pontevedra

xoves, 3 de decembro de 2015

Chandal e minuet

O elenco artístico de "Os amores de Jacques o fatalista" prepáranse en...
Chandal e minuet.


martes, 1 de decembro de 2015

Entra Wolfgang...

sauda ó público


Primeira folla de "Os amores de Jacques o fatalista" por Quico Cadaval.

luns, 30 de novembro de 2015

venres, 27 de novembro de 2015

Así comeza "Os amores de Jacques o fatalista"

Con esta reunión damos oficialmente comezo a "Os amores de Jaques o fatalista", 
a nova produción de Excéntricas que imos estrear en Carballo o 29 de xaneiro.


Un espectáculo protagonizado por 
Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, María Costas e mais Piti Sanz, 
dirixidos por Quico Cadaval, 
e que conta co noso equipo habitual de colaboradores.

Denis Diderot, o autor, tamén estuvo entre nós.


Moi cedo no teu teatro favorito.